
XOVES 15 / 20:00 / Ceminterio de Bonaval



Creación y coreográfica :
Dolores Mayán
Intérpretes:
Emilia Pardo e Iria Otero
Duración: 10 minutos
Sinopse
Un peregrinar constante, co anhelo interminable de alcanzar o absoluto do espírito, crea un potencial que non ten fin. O camiño e o ritual, convertidos en danza, orixinan un instrumento de unión entre a terra, as emocións e o espírito. Esta relación harmoniosa é capaz de evocar a consciencia máis profunda e esencial. Tanura é unha danza que está preto e á vez lonxe, un baile que se transmite de xeración en xeración. Moverse no espazo e no tempo, desde dentro cara a fóra, desde o existencial cara ao eterno.
«Cando bailas o espírito elévase»