Comenzou a súa etapa de formación de danza na Escola de Arte Vocacional de Guantánamo, en 1989, onde estudiou danza moderna e folclórica. Máis tarde, continuou a súa aprendizaxe na Escola Nacional de Danza de Cuba e en 2003 obtivo a licenciatura en Danza do Instituto Superior de Arte de Cuba, como intérprete e coreógrafo.
Durante estes años, formouse con profesionais como Ladislao Navarro, David Zambrano, Marianela Boan, Eugenio Barba, Minako Seki e Dominique Mercy, entre outros. Como intérprete, traballou en grupos como Danza Fragmentada, onde comenzou a súa carreira profesional; na Compañía Danza Abierta e Teatro Retazos.
A partir do 2004, Leodán Rodríguez comeza a desenrolar a súa actividade artística en España, participando en produccións como Der Damon, con coreografía de Sabine Dahrendorf para o Centro Coreográfico de León; e en compañías como Losdedae, dirixida por Chevy Muraday nas obras Sumérgete, Onion e Me amontono, entre outras. Como creador, firma as pezas «A medio metro de lo vivido», con Kirenia Martínez Acosta, e «Certificado de Existencia», creado coa coreógrafa Ana Continente e o músico Javier Aparicio.
Dende 2011, dirixe a súa propia firma, La Incidente D-T, con sede en Santiago de Compostela. Con este sello produce as obras «Cierzo» xunto a videocreadora Margherita Morello; «Stay», «Paseo por la danza» e «Absentia» creado con Compañía Cisma. Así como «Hambre» de produción propia y estreada no 2015 na Zona C de Santiago de Compostela e «Aunar».
En 2017, leva a cabo unha residencia de creación para o festival herDanza con bailaríns de danza urbana da que xurde a peza «Surco», que é a sua última creación. Ese mismo ano é elixido para levar a cabo o proxecto Remezcla Popular, para facer unha reinterpretación coreográfica de «Cara Pintada» de Janet Novas; dentro do programa Jastas Pista do Colectivo Rpm.
De xeito paralelo a estes traballos , forma parte da danza improvisada colectiva «Imprevisibles».
Combina este traballo coa súa faceta educativa de daza contemporánea, así como varias intervención no ámbito audiovisual . Ademáis da súa implicación na danza como elemento de transformación social, a través de diversos proxectos de integración.
Actualmente, codirixe o Festival HerDanza en Santiago de Compostela, así como o centro de Danza e Artes Escénicas Can Cun Quinqué, na mesma cidade.