XOVES 15 / 13:00 / Praza de Mazarelos



«APERTURA DO FESTIVAL»
A apertura está apoiada polo proxecto O teu Xacobeo «Danzar o camiño»
“Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia”




Sinopse
“INSTANTE GRADUAL” é unha peza que Kirenia Martínez baila en cada ocasión, reprogramando o seu corpo a cada espazo, ambiental e temporal, despois de 20 anos de carreira internacional en danza contemporánea, desgaste e lesións. É unha peza que busca conectar co publico mediante claves universais, o risco, a honestidade e o compromiso coa creación e a execución, a Danza é única e sucede para ese público, nese instante.
Cada momento son dous momentos.
¿Mais en qué momento troca a madeira en pedra, a turba en carbón, a caliza en mármol?
A historia e a memoria comparten datos, tempo e espazo.
Todo estaba dentro nesa fracción histórica de segundo, o instante gradual.
Dirección, coreografía e interpretación: Kirenia Martínez Acosta
Compañía: KIRENIA DANZA
Duración:17 min
Música: Bruno Baw