
SÁBADO 17 / 17:00 / PROXECCIÓN – Museo do Pobo galego (Auditorio)



Peza audiovisual, producida polo Colectivo RPM no 2020.
Participan no documental:
Anxela Blanco, Sabela Mendoza Fernández, Kirenia Martínez Acosta, Armando Martén, Javier Martín, Ana Beatriz Pérez, Julia Laport Rivas, Sabela Dominguez Perez, Andrea Quintana, Estefanía Gómez, Alba Fernández Cotelo, Félix Fernández, Alexis Fernández e Caterina Varela Garea.
Sinopse
Isto non é Berlín é unha peza audiovisual documental sobre a comunidade de artes vivas da cidade realizada por Colectivo RPM. Conta coa participación de distintas persoas vinculadas ás artes vivas na Coruña que conforman parte do fermoso tecido que empuxa a creación contemporánea neste territorio.
Isto non é Berlín é un retrato dunha época que amosa a pluralidade e efervescencia da escena da cidade, que con todas as súas luces e sombras, conforman o noso capital artístico, o único que temos.