Isabel Sánchez Temprano

Licenciada en Filosofía pola Universidad de Santiago de Compostela, céntrase no estudio do corpo e os procesos de comunicación lingüística e xestual.

Con formación en danza clásica, moderna e contemporánea,  a súa dedicación céntrase dende 2005 no traballo a través da danza con nenos de diferentes idades e adultos. Concentrando esta actividade a partir do 2014 en torno ó proxecto Can Cun Quinqué (Centro de danza e artes escénicas en Santiago de Compostela) que codirixe con Leodan Rodríguez e que se centra na formación en danza contemporánea e a creación tanto escénica como para fines audiovisuais. Igualmente dirixe e asiste coreografía en varios proxectos.
En 2009 crea CISMA con Xiana Vilas, unha compañía na que, como creadora e bailarina, traballa no corpo dende unha perspectiva filosófica e artística. Con Cisma presenta as producións «Un disfraz equivocado», «Entre nanas e escombros» e colabora nos proxectos de Konik Thtr : Umbrales e Xanela. En 2014 entra a traballar de forma continua en colaboración con La incidente DT coa que produce «Stay», «Un paseo pola danza» e «Absentia». Asimesmo presenta a produción «Pedra sobre agua» con Clara Ferrao e Leodan Rodríguez, seleccionada para o programa  Vigo en bruto do teatro Ensalle.

Forma parte da compañia de danza improvisada colectiva «Imprevisibles», con actuacións en varios festivais tanto de teatro e danza dende 2016; dentro do mundo da improvisación tamén forma parte da «Big Band Compostela» grupo multidisciplinar de improvisación dirixida en torno a linguaxe do Soundpainting.

Ós poucos vaise introducindo na investigación das zonas fronteirizas entre disciplinas, abrindo o seu interés ó mundo da performance e a creación audiovisual.

En 2015, obtén o Postgrado en Xestión Cultural da USC. No ámbito da xestión cultural, organiza o Día Internacional da Danza en Santiago de Compostela dende 2016, así como o Festival HerDanza, tamén en Santiago de Compostela.