XOVES 15 / 17:00 / Costa de San Domingos



Coreógrafos
Diego Landín: Contemporáneo
Gustavo Couto: Tradicional
Erick Pegueros
Corpo de Baile
Iria Calvar: Contemporáneo
Iria Portos: Tradicional
Grupo Instrumental
Cristina Cotilla: Percusións
Gustavo Couto: Percusións e voz
Duración: 11 min
Sinopse
“O que non se ve” expresa a necesidade de unir dous estilos de danza, a tradicional galega e a contemporánea. Contextualizamos a obra nun ambiente “moderno” tal como se enfoca actualmente a nosa sociedade, e que camiña cada vez máis forte cara o empoderamento da muller, algo que consideramos moi necesario tamén no mundo do baile e a danza.
Pretende amosar o que pode existir debaixo das vestimentas do traxe tradicional galego, ensinando que o noso baile de raíz, está á altura de calquera outro tipo de danza. Na súa propia definición, a danza contemporánea xurde como a reacción a formas clásicas e seguramente como a necesidade de expresarse libremente co corpo. Busca expresar unha idea, un sentimento ou emoción pero mesturando movementos clásicos con movementos corporais dos séculos XX e XXI.
Consideramos que xusto iso é tamén o que expresa o baile tradicional, sentimentos, emocións, xeitos de vida, exprésase a través de movementos que veñen de séculos atrás, pero que co paso do tempo ademais de conservarse, sufriron un proceso de selección e mudaron para sobrevivir.
Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual. Tamén mudamos as letras das melodías, facendo letras propias, nas que amosamos o poder da muller na tradición oral.