
VENRES 16 / 17:00 / Museo do Pobo Galego (Claustro)



Coreografía e interpretación:
Eloi García e Myriam González
Espazo sonoro: Xa’ Lum
Vídeo e fotografía: Iria Casal
Produción: Tuatha
Duración: 17 minutos
WORK IN PROGRESS
Sinopse
D’ONDE VEM ESE ATURUXO? é o primeiro espectáculo para espazos
non convencionais da compañía Tuatha.
Trátase dunha recolección dos significados que ten para nós a escoita,
un percorrido por situacións nas que non fomos escoitades, pero
tamén unha volta a aqueles lugares onde esta ven intrínseca, dende
nós e dende fora.
Percibimos a escoita como a base dun todo. É un fío do que prenden
todas as nosas accións, un factor que nos acompaña dende sempre e
que vai ligado a cada unha das nosas etapas.
Que exista ou non escoita, e que esta sexa dunha maneira ou doutra,
define non só o resultado de algo, senón a forma que toma ese
proceso: dende unha conversa diaria, ata a creación deste mesmo
espectáculo.
Para falar de algo temos que ser escoitades, e precisamente diso
falamos: de todas as veces que non o fomos, das que si e de como nos
sentimos.
«Escoitar non é oír as palabras
coma se de aturuxos constantes
se tratasen.
Escoitamos por curiosidade. E
cando algo realmente nos
move.
Escoitando abrímonos,
entregámonos.
Estamos presentes.»