
SÁBADO 17 / 13:00 / Centro Xove da Almáciga



Creación e performance: Sabela Mendoza
Acompañamento: Helena Salgueiro
Música: ‘Kailasha’, de Éliane Radigue
Residencia artística: Atopémonos bailando,
MIHL, Lugo
Agradecementos: colectivo Glovo (Esther Latorre, Hugo Pereira), Javier Martín
Duración: 50 minutos
Sinopse
Dobrez’ é unha performance sobre o
pregado, sobre o xesto propio do acto de gardar, de atesourar, de envolver.
As dobreces están porque hai un xesto que as crea (un xesto deformante, ou creador, segundo se mire); modelan as cousas dándolles outra forma, pregándoas. Permiten o recubrimento, o silencio da vista. Son móbiles e posibilitadoras: dunha dobrez saen novos planos. A envoltura que aparece trala dobrez, aproxima as cousas: varios obxectos ou corpos cubertos co mesmo tecido ou
papel, por exemplo, gañan semellanza. Pero a envoltura sempre deixa intuir a diferenza que se agocha trala superficie común: observando unha envoltura intúese o que hai por baixo, ela mesma convida a escudriñar, imaxinar, curiosear. Traslada esa tensión do que está semi-oculto: o desexo de saber e, ao mesmo tempo, de manter o misterio. Nese punto, no que é posible renovar a relación entre corpos e obxectos.
Estas observacións fanme pensar no meu corpo, na pel que é recubrimento, nas súas dobreces naturais e no adestramento da
danza que nos permite pregarnos de diversosmodos. E na inspiración que os obxectos, cando son intervidos, poden levar ao corpo e á memoria, e viceversa.