18 e 19 de Agosto

Obradoiro de COMPOSICIÓN  

IMPARTE:  Santi de la Fuente e Diego Buceta

CANDO: 18 e 19 de Agosto de 11:00 a 14:00
DURACIÓN: 6  horas
PREZO XERAL: 40 €  (1 día – 25 €)
PRAZAS: 14 (Por estricta orde de inscripción)

CONTIDO:

O Obradoiro de Composición propón un espazo de xogo, de proba e de sorpresa. A través de pautas accesibles e dinámicas grupais, esperaremos a que xurda o inesperado, o valioso e o verdadeiro. Sen fórmulas que nos uniformen e nos conduzan a resultados previsibles, imos decidir adentrarnos nun espazo de experimentación onde os resultados dependerán do grupo e dos seus vaivéns.

Se che gusta improvisar, escoitar, atender aos cambios corporais, espaciais e temporais e traballar en pandilla xenerosamente, ven bailar con nós. A experiencia en danza é benvida, pero o obradoiro está aberto a intérpretes, directoras, coreógrafas ou calquera que sinta interese polo movemento e polo que o grupo quere dicir a cada unha de nós.

 

 

SANTI DE LA FUENTE

Licenciado en Historia da Arte, Máster en Xestión de Artes Escénicas e titulado superior de Danza pola Facultade das Artes de Altea. Dende 2004, codirixe en Valencia a compañía La Coja Dansa xunto con Tatiana Clavel. A compañía estivo presente en festivais de toda España e en Exipto, Francia, Alemaña, Brasil, República Checa, Marrocos, Grecia e Portugal.

As súas obras participaron en circuítos como o da Rede de Teatros Alternativos e en programas como Danza a Escena. Tamén xestiona a Asociación A Contar Mentiras, adicada á pedagoxía e ao apoio de compañías de danza contemporánea. Actualmente é profesor de Técnica e Composición no Conservatori Superior de Dansa de València.

http://avedanza.org/companias/la-coja-dansa/

DIEGO BUCETA

Titulado superior en interpretación textual pola ESAD de Galicia (2005-2009). No ano 2010 ingresa no Real Conservatorio Profesional de danza de Madrid, estudos que remata no Conservatorio Profesional de danza de Granada no ano 2015.
Desenvolve a súa carreira profesional en montaxes de creadorxs como Álvaro Frutos/ Los negros (Waterloo, Zaragoza, 2017/ 2018) , Sharon Fridman (Nido/Rizoma, Holanda, 2016), Olga Cameselle/ A Artística Produccións (Leixaprem, non me veñas con cantigas, Galicia, 2016), Tino Sehgal (Instead of Allowing Some Thing to Rise Up to Your Face Dancing Bruce and Dan and Other Things, Sevilla, 2015/ 2016), e Jorge Crecis (Whistleblower , Granada, 2015).
Actualmente fai parte xunto con Belén Bouzas e Fran Martínez da compañía de danza contemporánea Prácido Domingo coa que desenvolve traballos de creación propia e talleres de Aikido aplicado á danza. Non hai que ser unha casa para ter pantasmas é o seu primeiro traballo xuntxs, estreado en xullo de 2017 no festival Artes no camiño de Sarria y gañador do 1º premio no certamen Xuventude Crea 2017

 

Podes inscribirte no taller a través do seguinte formulario: